Pequeña entrevista en De luns a venres

_
Os mostramos la entrevista publicada en el periódico De luns a venres el martes 1 de febrero de 2012. En este caso es Álvaro el que se encarga de expresar nuestras ideas.

Os trascribimos también el contenido íntegro de la entrevista:

¿Un sinónimo de Galicia?

É o lugar o que pertenzo, unha parte da miña identidade.

¿Un defecto?

Quizais sexa un pouco tímido nalgúns ambientes.

¿Unha virtude?

Son unha persoa comprometida e implicada.

¿Unha canción?

Galapogos, dos Smashing Pumpkins.

¿Un libro?

Juliano el Apóstata, de Gore Vidal.

¿Unha película?

Big Fish, de Tim Burton.

¿Un lugar?

As praias da Mariña Lucense, de quedarme con unha sería a de Peizás, unha pequeniña perto de Foz.

¿Unha comida?

A tortilla de patacas da miña nai, insuperable.

¿Un personaxe galego?

Luis Tosar parece un bo tipo, ademáis de ser moi bo no seu.

¿Como concibe vostede a arquitectura?

Creo que a palabra clave é a responsabilidade. O arquitecto ten que entender que está o servizo das persoas, tratando de responder ós condicionantes, problemas e necesidades daqueles os que vai dirixida a sua obra. O arquitecto ten que aportar o seu coñecemento e ideas nun proceso aberto e dinámico ata acadar o mellor resultado posible.

¿Como se introduce a arquitectura moderna no rural galego?

Curiosamente eu penso que hai moita modernidade no rural, no tratamento dos espacios, na funcionalidade e solucións construtivas, a clave será introducir técnicas e materiais máis actuais poñendo en valor o xa existente. Este e un tema que nos interesa moito no estudio, xa que entendemos que se pode aprender moito da arquitectura tradicional anónima.

Un proxecto no que lle gustaría formar parte.

En Galicia existen un bo número de núcleos rurais abandoados cunhas condicións extraordinarias. Sería apaixoante plantexar solucións urbanas e innovadoras capaces de recuperalos.

¿Que opinión lles merece a dous novos arquitectos emprendedores os chamados "arquitectos estrela" tipo Foster ou Einsenman?

Penso que o que verdadeiramente é cuestionable, máis que unha persoa en concreto, é o que se chama a "arquitectura do espectáculo" (Aínda que son os arquitectos estrela os principais protagonistas desta arquitectura). Nos últimos anos vanalizouse moito, creándose unha gran cantidade de edificios "icónicos" para unha demanda inexistente. Respondese a unha sociedade de consumo rápido, máis pendente do artificio que da reflexión.

Que camiños segue b+t arquitectos.

Dada a actual demanda e porque, como dixemos é algo que nos interesa, estamos especializándonos en reforma e rehabilitación. A crise está facendo que a xente valore máis o que xa ten. Nós vemos isto como unha oportunidade de recuperar esa arquitectura tan arraigada no lugar, protexendo e aproveitando o fantástico patrimonio arquitectónico galego. De todas formas a actividade do estudio é moi variada xa que nestes tempos tes que tratar de ampliar o negocio o máis posible. O final a nosa labor extendese ó deseño de todo tipo, á xestión (máis do que nos gustaría), infografías, cálculo, asesoramento, etc.